Skip to main content
STG

O horario extraordinario das bibliotecas bota a andar o 6 de decembro

Do 23 de decembro de 2021 ao 2 de xaneiro de 2022, o horario será o establecido pola USC nese período: de luns a venres de 9:00 a 20:30 e nas fins de semana de 10.00 a 19.30 horas. FOTO: Santi Alvite
Do 23 de decembro de 2021 ao 2 de xaneiro de 2022, o horario será o establecido pola USC nese período: de luns a venres de 9:00 a 20:30 e nas fins de semana de 10.00 a 19.30 horas. FOTO: Santi Alvite
Ata o 22 deste mes e entre os días 3 e 30 de xaneiro de 2022, Concepción Arenal, Intercentros de Lugo, así como as salas de lectura das Facultades de Ciencias Económicas e Empresarias e de Dereito abrirán as súas portas nun horario ampliado
Lugo, Santiago de Compostela

As bibliotecas da USC inician o seu horario de apertura extraordinario o vindeiro luns 6 de decembro. Así, a Biblioteca Concepción Arenal abrirá de 8.30 a 1.00, de luns a domingo. Este centro conta con 968 prazas. No Campus de Lugo, a Biblioteca Intercentros abrirá as súas portas de 8.30 a 0.00, tamén de luns a domingo. Este centro conta con 938 postos de lectura. O horario manterase vixente ata o 22 de decembro, así como entre o 3 e o 30 de xaneiro de 2022.

 En Compostela habilítanse ademais como reforzo as salas correspondentes ás Facultades de Ciencias Económicas e Empresarias, e Dereito. A primeira dotada con 358 prazas e con posibilidade de ampliación, abrirá de 8.30 a 22.00 horas, de luns a domingo. Pola súa parte, a sala de lectura pertencente a Dereito permanecerá operativa as 24 horas durante toda a semana. Este centro conta con 300 prazas con posibilidade de ampliación. Este horario tamén se manterá vixente ata o 22 de decembro, así como entre o 3 e o 30 de xaneiro de 2022.

Do 23 de decembro de 2021 ao 2 de xaneiro de 2022, o horario de cada centro pode consultarse nesta ligazón.

 

The contents of this page were updated on 12.03.2021.