Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

As persoas maiores de 40 anos con experiencia profesional ou laboral poderán solicitar o acceso a grao dende o 10 de febreiro

A avaliación da experiencia laboral e profesional desta convocatoria estrutúrase en dúas fases: fase de valoración da experiencia laboral e currículo; e fase de entrevista. FOTO: Santi Alvite
A avaliación da experiencia laboral e profesional desta convocatoria estrutúrase en dúas fases: fase de valoración da experiencia laboral e currículo; e fase de entrevista. FOTO: Santi Alvite
Como requisito, as persoas interesadas non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso
Lugo, Santiago de Compostela

As solicitudes de acceso a grao de cara ao curso 2022-2023 para persoas maiores de 40 anos que acrediten experiencia profesional ou laboral poderán presentarse do 10 ao 28 de febreiro a través da sede electrónica da USC. Poderán tomar parte neste proceso aquelas persoas que cumpran, ou teñan cumpridos, 40 anos antes do 1 de xaneiro de 2023. Ademais, non poderán posuír ningunha titulación académica habilitante para acceder á universidade por calquera outra vía de acceso. Deberán acreditar tamén experiencia laboral e profesional en relación coa ensinanza universitaria oficial de grao para a que se solicita o acceso e superar unha entrevista persoal de adecuación da experiencia ao perfil de estudos solicitados.

A avaliación da experiencia laboral e profesional desta convocatoria estrutúrase en dúas fases: fase de valoración da experiencia laboral e currículo; e fase de entrevista. O 9 de marzo publicarase o nomeamento e composición dos tribunais; mentres que o día 15 do mesmo mes daranse a coñecer os criterios de valoración. A primeira fase desenvolverase do 23 ao 25 de marzo e os resultados publicaranse o día 30 dese mesmo mes. Pola súa parte, a fase de entrevista estenderase do 20 ao 22 de abril e as súas cualificacións daranse a coñecer o día 26. Finalmente, o 10 de maio publicaranse as cualificacións definitivas.

The contents of this page were updated on 02.11.2022.