O mestrado Mundus en Lexicografía organizou o Dictionary Day

O Mestrado Mundus en Lexicografía (EMLex) celebrou a pasada semana na Facultade de Filoloxía o Dictionary Day, unha xornada de intercambio e debate que permitiu debater e intercambiar ideas arredor da lexicografía actual en diferentes linguas e lugares do mundo. A experiencia permitiu así a análise comparada con achegas de países como Xeorxia, Polonia, Francia, Serbia, Armenia e Costa de Marfil, con especial atención a Galicia. A decana da Facultade, María José López Couso, e a coordinadora do mestrado EMLex, María José Domínguez, presidiron a sesión inaugural deste encontro.
Con anterioridade á celebración deste evento, alumnado do mesmo mestrado visitou o Instituto de Lingua Galega da USC (ILG). Na visita foron recibidos por persoal investigador que lle amosaron as instalacións dando conta polo miúdo dos diferentes proxectos lingüísticos e lexicográficos que se desenvolven neste momento. Na visita interviñeron María Álvarez de la Granja, Ernesto González Seoane e Xosé Luís Regueira.
O alumnado de EMLex tamén tivo a oportunidade de visitar o ILG