Visita guiada gratuíta ao Sanatorio de Conxo

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía organiza para este sábado 7 unha visita guiada ao sanatorio de Conxo. O percorrido, para o que non é necesaria inscrición previa, dará comezo ás 10.00 na Praza do Mosteiro, no mesmo barrio.
A actividade, coa que se terá a oportunidade de coñecer a historia, os tratamentos e algunha historia oculta ata agora do hospital de Conxo, forma parte dun programa máis amplo sobre os sanatorios psiquiátricos de Galicia.