Skip to main content
STG

Farmacia celebra este sábado a festividade da súa patroa

O reitor da USC, Antonio López, presidirá este sábado 15 o acto da festividade da Inmaculada, patroa da Facultade de Farmacia, que terá lugar ás 12.30 horas no salón de Graos do centro.

Participarán tamén na mesa o decano da Facultade, Francisco Otero Espinar; a vicedecana de Calidade e Relacións Exteriores, Reyes Laguna; a vicedecana de Coordinación Académica e Alumnado, Paz García; e a secretaria, Matilde Casas, que será a encargada de dar lectura da memoria académica do curso pasado.

A continuación, entregáreslle a Insignia de ouro da Facultade ao PDI xubilado o pasado curso, os docentes Mª Consuelo Souto Pardo, Agustín Sánchez Díaz e Ana Mª Eirín Pena. A sesión seguirá coa conferencia de Mª Luisa Pérez del Molino Bernal titulada ‘Problemática da resistencia aos antibióticos’.

A continuación, procederase á entrega de diplomas aos doutores/as do curso 2017-2018 Fernando Álvarez Rivera, Sonia Cabana Montenegro, Elena Cutrín Gómez, Alba Iglesias Fernández e Nataliya Storozhylova; así como dos Premios do V Concurso de Ideas para portada de Traballos de Fin de Grao da Facultade de Farmacia, patrocinados por Bancofar, que gañou Germán Berrecoso Cuña con accésits para Andrea Conde Penedo e Maria João Correia Pinto Carvalho de Matos.

The contents of this page were updated on 12.14.2018.