Skip to main content
STG

A Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo despide este venres no Hula aos 56 integrantes da sexta promoción de graduados

José Luis Díaz ofrecerá o relatorio ‘A enfermaría compartindo na base e na cúspide da pirámide’ no marco dunha sesión que se desenvolverá a partir das 18.00 horas

A Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo celebrará este venres, a partir das 18.00 horas, no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) o acto de graduación da súa sexta promoción de graduados/as, unha sesión na que participarán 56 estudantes que completaron os seus estudos no centro universitario lugués entre 2014 e 2018.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, será o encargado de abrir esta sesión institucional, na que tamén intervirán o director xerente do Hula, Ramón Ares Rico; a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, Asunción Núñez Magdalena; a directora de Procesos de Enfermaría da EOXI Lugo, Cervo e Monforte, María Jesús Pérez Taboada; a presidenta do Colexio Oficial de Enfermaría, Lourdes Bermello, e o profesor Manuel Gómez López, que oficiará como padriño desta nova promoción de graduados e graduadas en Enfermaría.

Unha vez rematada a imposición de becas e entrega de insignias aos compoñentes da sexta promoción de graduados en Enfermaría formados no campus de Lugo, o enfermeiro e ex profesor do referido centro universitario lugués José Luis Díaz ofrecerá un relatorio baixo o título ‘A enfermaría compartindo na base e na cúspide da pirámide’. Un miniconcerto a cargo da coral do Hospital Lucus Augusti servirá como colofón do acto.

The contents of this page were updated on 05.31.2018.