Skip to main content
STG

Farmacia acolle un curso de actualización farmacoterapéutica en enfermidades raras

O Curso de actualización universitario e asistencial sobre enfermidades raras celebrarase este venres 25 a partir das 15.45 horas no Salón de Graos da Facultade de Farmacia dedicado nesta ocasión á actualización farmacoterapéutica neste tipo de doenzas. No acto inaugural intervirán a decana de Farmacia, Isabel Sández Macho; o presidente da Academia de Farmacia de Galicia, Manuel Puga Pereira; e o profesor José Mª Fraga; a xefa do Servizo de Farmacia Hospitalaria do CHUS, María Jesús Lamas; e a directora do Centro de Diagnóstico e Tratamento, Mª Luz Couce, en representación do comité organizador.

En tres mesas redondas temáticas, no curso trataranse novas terapia con aplicabilidade clínica, aspectos éticos e sociais do tratamento das enfermidades raras e novas perspectivas en investigación. Neste último bloque o profesor da USC Francisco Otero Espinar presentarán algúns dos últimos desenvolvementos en novas formas de administración e liberación de medicamentos nalgunhas enfermidades raras que ten desenvolvido un equipo mixto da Área de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, a Universidade de Diagnóstico e Tratamento de Enfermidade Metabólicas Hereditarias (EMH) do CHUS e a Cátedra EMH.

Os distintos relatorios programados impartiranos especialistas procedentes de Valencia, Madrid, Vigo e Santiago e contará coa participación do presidente da Federación Española de Enfermidades Raras, Juan Carrión, así como de membros da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas.

The contents of this page were updated on 05.25.2018.