Skip to main content
STG

A Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina May-Britt Moser visita a Universidade de Santiago coa Nobel Prize Inspiration Initiative

A Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina May-Britt Moser visita a Universidade de Santiago coa Nobel Prize Inspiration Initiative
A Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina May-Britt Moser visita a Universidade de Santiago coa Nobel Prize Inspiration Initiative

Estudantes e novos investigadores galegos teñen unha cita este xoves 27 na USC coa Nobel de Fisioloxía e Medicina May-Britt Moser. A Fundación AstraZeneca e Nobel Media, entidade que difunde a nivel mundial os logros e as experiencias dos Premio Nobel, organizan, por primeira vez en Galicia e por segunda en España, Nobel Prize Inspiration Initiative, o programa que achega referentes científicos que inspiran a futuros investigadores a desenvolver a súa carreira profesional. En Santiago a iniciativa lévase a cabo en colaboración co programa ConCiencia.

A neurocioentífica e psicóloga norueguesa Mary-Britt Moser acadou en 2014 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con John O'Keefe e a súa parella Edvard Moser, “por descubrir as células que compoñen o sistema de posicionamento no cerebro humano.

Durante a xornada, a neurocientífica visitará a Facultade de Medicina e o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, actos para os que é preciso inscribirse previamente. Na primeira cita, ás 10.00 horas na Facultade de Medicina, Moser compartirá co alumnado o camiño percorrido ata conseguir o máximo recoñecemento científico a través da súa conferencia ‘O espazo, o tempo e a memoria no cerebro’. Pola tarde, ás 15.30 horas no CiMUS a Premio Nobel manterá un encontro cos investigadores dese centro baixo o titulo ‘Como ser un científico creativo? ’.

The contents of this page were updated on 09.26.2018.