Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

Pilar Cagiao, nomeada académica correspondente no estranxeiro da Academia de Historia de Cuba

Pilar Cagiao durante unha entrevista. FOTO: Consello da Cultura Galega
Pilar Cagiao durante unha entrevista. FOTO: Consello da Cultura Galega
Este recoñecemento está motivado pola longa traxectoria da profesora da USC nos estudos migratorios e de xénero entre Galicia e América Latina
Santiago de Compostela

A profesora de Historia de América da USC e coordinadora do grupo de investigación HistAmérica, Pilar Cagiao, acaba de recibir o nomeamento de académica correspondente no estranxeiro da Academia de Historia de Cuba. Este recoñecemento está motivado pola longa traxectoria da profesora da USC nos estudos migratorios e de xénero entre Galicia e América Latina e, nomeadamente, Cuba. Ademais, tamén se distinguen os intensos vínculos de Pilar Cagiao e a súa produción académica coa historiografía cubana dende fins dos anos oitenta.

O recoñecemento tivo lugar nun pleno extraordinario e contou cun discurso de acollida de María del Carmen Barcia Zequeira, ela mesma de orixe galega e unha das máis recoñecidas historiadoras cubanas no plano internacional. Cómpre sinalar que é a primeira ocasión en que a Academia de Historia de Cuba entrega este recoñecemento a unha historiadora galega, o que pon de relevancia a destacada achega desta investigadora á historiografía cubana e ao intercambio académico entre ambos lados do Atlántico.

Neste acto, a profesora estivo arroupada por Sergio Guerra Vilaboy, director do Departamento de Historia da Universidade de La Habana, e numerosos historiadores e historiadoras cubanas cos que Pilar Cagiao mantivo unha estreita colaboración académica nas últimas décadas.

The contents of this page were updated on 05.11.2023.