Skip to main content
STG

A Nobel de Medicina, May-Britt Moser, visita a USC a vindeira semana

A Nobel de Medicina, May-Britt Moser, visita a USC a vindeira semana
A Nobel de Medicina, May-Britt Moser, visita a USC a vindeira semana

A Fundación AstraZeneca e Nobel Prize Inspiration Initiative -entidade que difunde no ámbito mundial os logros e as experiencias dos Premio Nobel-, en colaboración co programa ConCiencia, traen o próximo día 27 á Universidade de Santiago de Compostela a Premio Nobel de Medicina en 2014, May-Britt Moser.

A visita enmárcase nun programa educativo global que ten como obxectivo inspirar aos novos investigadores a través de referentes científicos galardoados co Nobel. Tras más de 25 ediciones, la iniciativa se celebra por primera en Galicia y por segunda vez en España.

Así, o xoves 27 estudantes e investigadores da USC teñen unha cita con May-Britt Moser, que compartirá con eles a súa experiencia ata ser premiada co máximo recoñecemento científico e motivaralles a ser creativos nas súas investigacións.

O programa da xornada comezará ás 10.00 horas na Facultade de Medicina coa conferencia ‘ Espazo, tempo e memoria no cerebro’, para o que é necesaria a confirmación de asistencia. Logo de diversas reunións institucionais co reitor e líderes de grupos de investigación da universidade compostelá, Mary-Britt Moser manterá ás 15.30 horas un encontro con persoal investigador do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermedades Crónicas da USC (CiMUS).

Aneurocioentífica e psicóloga norueguesa Mary-Britt Moser acadou en 2014 o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, compartido con John O'Keefe e a súa parella Edvard Moser, “por descubrir as células que compoñen o sistema de posicionamento no cerebro humano.

The contents of this page were updated on 09.17.2018.