Skip to main content
STG

Farmacia da USC, a segunda facultade de España con máis titulados entre os cincuenta primeiros do FIR

Imaxe de arquivo de laboratorios de Farmacia
Imaxe de arquivo de laboratorios de Farmacia

Cun total de sete tituladas e un titulado, a de Santiago é a segunda Facultade de Farmacia de España con maior número de graduadas/os entre os 50 primeiros das probas correspondentes á convocatoria 2016-2017 de Farmacéutico/a Interno Residente (FIR). En total e tomando como referencia as cen mellores notas desta convocatoria, doce corresponden a graduadas/os formados las aulas de Farmacia de Santiago, nova mulleres e tres homes.

Concretamente, da facultade compostelá sitúanse entre os dez primeiros Ana Castro Balado (2ª mellor nota de toda a convocatoria) e Carla Fernández Oliveira (5ª), unha relación que completarían ata o posto 50 María Larrosa García (16ª), Alejandro Seoane Estévez (20ª), Patricia Ángela González Donapetry (22ª), Nerea García Beloso (26ª), Sonia García García (32ª), e Ana Rut Iglesias Valín (49ª). Completan esta lista Javier Rodríguez Carracedo (56ª), Isabel Plo Seco (58ª), Silvia Boullosa Lale (62ª) e Javier Fra Yáñez (99ª).

Como explica a decana Isabel Sández Macho, unicamente dúas universidades teñen máis dun estudante entre os dez primeiros, a Complutense con tres e a USC con dúas graduadas. “Non obstante, considerando o número de estudantes entre os 5, 10 ou 50 primeiros postos en relación co número de matriculados/as (1.180 en Santiago) ou de egresadas/os (169) do curso 15/16, a da USC ocuparía o primeiro posto a nivel nacional entre as 22 facultades de Farmacia de España”, engade a modo de análise a decana compostelá.

The contents of this page were updated on 03.08.2017.