Skip to main content
STG

Aberta a inscrición nun curso de comunicación verbal, oratoria e media-training na Facultade de Ade do Campus Terra da USC

A Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra da USC acubillará os vindeiros días 15 e 16 de marzo un curso de comunicación verbal: oratoria e media-training. As persoas interesadas en participar nesta actividade formativa, organizada pola Fundación Venancio Salcines e que se desenvolverá en quenda de mañá, de 10.00 a 14.00 horas, poden formalizar de balde a súa inscrición na web da propia facultade ata o venres 10 de marzo.

Os obxectivos deste curso, que será impartido polos xornalistas Luis Fraga Pombo e Iván Olmos Ferreiro, son amplos e abranguen desde o control do medio escénico e a seguridade na transmisión da mensaxe ata o reforzo da linguaxe non verbal e capacidade persuasiva. O dominio das técnicas profesionais de oratoria e retórica, técnicas de negociación, capacidade de análise da información para a construción de argumentos, media-training para voceiros corporativos, entrevistas e roldas de prensa... son outras das cuestións que se abordarán no marco deste curso.

Os estudantes universitarios constitúen os principais destinatarios deste programa formativo, que pretende mellorar as habilidades e súas destrezas comunicativas para as necesidades do seu presente académico pero tamén para encamiñar cara o éxito o seu futuro laboral.

The contents of this page were updated on 03.06.2017.