Skip to main content
STG

Xenética e Xenómica

Ofrécense servizos de secuenciación e xenómica funcional e desenvólvense ferramentas xenómicas

Transferencia tecnolóxica industrial

A actividade investigadora do Grupo Acuigen ten unha clara proxección cara á Transferencia Tecnolóxica a Empresas e Administracións relacionadas coa acuicultura e o medio ambiente. Seguindo esta filosofía, no ano 2012 créase a empresa GENEAQUA; Geneaqua é unha empresa de base tecnolóxica (EBT), spin-off da Universidade de Santiago de Compostela que centra a súa actividade en prover servizos de xenética ás empresas acuícolas, que faciliten unha mellora da súa produción de maneira rendible e sustentable, baseándose na aplicación de tecnoloxía xenética molecular e de campos afíns.

Servizos para a investigación

  • Plataforma tecnolóxica de secuenciación e xenómica funcional
    • Secuenciación e análise de fragmentos de ADN.
    • Tecnoloxía de microarrays e análise de expresión xénica.
  • Desenvolvemento de ferramentas xenómicas:
    • Desenvolvemento de marcadores moleculares.
    • Construción de librerías xenéticas.
    • Construción de mapas xenéticos.

Plataforma de Peixe Zebra

  • Subministración de embrións.
  • Xenograft de células tumorais.
  • Análises de toxicidade.
  • Divulgación científica.
The contents of this page were updated on 02.07.2024.