Skip to main content
STG

Estudo Xurídico

O Estudo Xurídico do CIARCUS xorde cos propósitos de canalizar as iniciativas investigadoras do profesorado universitario e á transferencia dos resultados da súa investigación.

Conformado por unha ampla relación de profesoras e profesores da Facultade de Dereito, a súa solvencia académica e profesional nas diferentes especialidades xurídicas, acredita a realización de informes, ditames, así como de todas aquelas tarefas que, relacionadas co asesoramento, procuran proporcionar ao/á usuario/a a mellor das defensas xurídicas.

Xustamente por iso, aínda que o medio para a contratación é o Estudo Xurídico, o/a usuario/a poderá, en función dos seus propios intereses, seleccionar ao profesional que mellor se axuste ás súas necesidades.

 

Como parte integrante do CIARCUS, o Estudo Xurídico conta no seu acervo de funcións, co cometido de promover, impulsar e desenvolver o coñecemento e a investigación das materias que lle son propias.

Para dar cumprida satisfacción a este encomenda, conta coa participación de reputadas e reputados profesionais das diferentes áreas do Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, que poñen ao dispor do Estudo Xurídico o seu talento, o seu prestixio e savoir faire. 

Asemade, co obxecto de afondar no desenvolvemento de investigacións de Dereito comparado, o Estudo Xurídico privilexiará o establecemento e consolidación de relacións de colaboración con institutos e centros de referencia internacional.

The contents of this page were updated on 02.08.2024.