A materia escura, o ouro dos castros e a ciencia ficción de Isaac Asimov, este xoves nunha nova NerdNite

Este xoves 20 volven as sesións de divulgación científica NerdNite a Santiago. Nesta ocasión, a xornada será ás 21.30 horas no Café Casino.
Participan nela o investigador do grupo de óptica Física da Universidade de Vigo Ángel Paredes Galán coa charla ‘Só si que non sei case nada: o misterio da materia escura’; o investigador Ramón y Cajal do Incipit do CSIC Xosé-Lois Armada Pita con ‘Que se fai co ouro dos castros?’, e o profesor do Departamento de Física Aplicada da USC Ángel Piñeiro Guillén con ‘Viaxe alucinante – Parte III’.