Skip to main content
STG

Obradoiro de nova xestión cultural, en xullo en Filoloxía

Obradoiro de nova xestión cultural, en xullo en Filoloxía
Obradoiro de nova xestión cultural, en xullo en Filoloxía

Do 10 ao 14 de xullo desenvolverase na Facultade de Filoloxía o curso de verán ‘ Cultura, participación e futuro. Obradoiro de nova xestión cultural’ dirixido por Diego Vázquez Meizoso. O prazo de matrícula remata o 30 de xuño.

O encontro trata de achegar unha perspectiva do traballo en xestión cultural en Galicia e dos perfís necesarios e posibles saídas profesionais neste sector. Á vez, desenvolverá dunha forma teórico-práctica unha metodoloxía de intervención e traballo á hora de afrontar un proxecto cultural e mostrará diversas tipoloxías de espazos e proxectos do noso contexto cultural.

As xornadas estrutúranse en sesións expositivas teóricas e obradoiros de dinámicas grupais sobre moi variadas temáticas. Ademais, contémplanse visitas guiadas polos responsables de 3 equipamentos e proxectos culturais: unha institución pública, un espazo cultural de titularidade privada e un do terceiro sector.

The contents of this page were updated on 06.13.2017.