Skip to main content
STG

Os obradoiros de Nadal da Domus do Mitreo convidan a unha viaxe sensorial

Produtos e material cos que se experimentará no obradoiro da Domus
Produtos e material cos que se experimentará no obradoiro da Domus
As persoas participantes deberán vincular olores, sabores ou sons coas distintas estancias do espazo museístico
Lugo

Como cada ano, o Museo universitario Domus do Mitreo celebra o Nadal cunha programación de obradoiros dirixida ás familias. Neta ocasión, baixo o título ‘Olores e sabores da antiga Roma: descubrindo a domus a través dos sentidos’, convídase a descubrir o xacemento de forma interactiva. A través dunha percepción sensorial, deberase vincular olores, sabores ou sons coas distintas estancias do espazo museístico.

Estes obradoiros desenvolveranse ás 11.30 horas os días 27 de decembro e 3 de xaneiro, cunha duración de 35 minutos e unha visita guiada posterior. O acceso é gratuíto previa reserva da entrada no teléfono 610323926 o en museomitreo.lugo [at] fundacionusc.gal (museomitreo[dot]lugo[at]fundacionusc[dot]gal).

Con estes obradoiros a Domus do Mitreo  remata un ano moi intenso de celebración do seu 25 aniversario, que entre outras actividades contou cun coloquio internacional, un curso de verán, unha exposición, conferencias e actividades especiais.
 

Cartel da actividade
Cartel da actividade
The contents of this page were updated on 12.22.2025.