A medicina dental do sono centra unhas xornadas do Servizo de Investigación en Ortodoncia
O Servizo de Investigación en Ortodoncia - Unidade Dental do Sono da USC organiza a próxima semana, os días 22 e 23 de xaneiro, unhas xornadas de medicina dental do sono coa participación de conferenciantes internacionais de recoñecida valía clínica e científica.
Nas xornadas daranse a coñecer os aparatos de expansión e avance mandibular para tratar a roncopatía e o Síndrome de Apnea-Hipoapnea Obstrutiva do Sono e os avances que está a facer a USC-CHUS neste ámbito. Intervirán, entre outros, Juan A. Suárez, Andrés Soto, Christian Calvo, Ana Souto, Pedro Mayoral, David Suárez Quintanilla, Carlos Zamarrón, López Cedrum, Estíbaliz Pillado, Joaquín Durán Cantolla e Manuel Míguez Contreras.
O encontro diríxese a dentistas, profesionais da cirurxía e persoal médico relacionado co tema como otorrinolaringólogos, neumólogos ou pediatras, e é gratuíto para estudantado, profesorado e persoal médico da USC e SERGAS.