Skip to main content
STG

Aberta a inscrición nos campionatos e nas xornadas deportivas nos campus de Lugo e Santiago

A oferta de escalada no campus lucense é unha das novidades deste ano. FOTO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
A oferta de escalada no campus lucense é unha das novidades deste ano. FOTO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo
As principais novidades deste segundo semestre son a oferta de escalada no campus lucense e de croquet na sede compostelá

A Área Deportiva da USC lanza o programa de campionatos para este segundo semestre do curso 2025-2026 nos campus de SantiagoLugo nos que xa é posible inscribirse de xeito gratuíto. Ademais, tamén está aberta a matrícula de balde nas xornadas deportivas, tamén tanto no campus lucense como na sede universitaria compostelá

Entre as principais novidades deste ano, destacan a oferta de escalada en Lugo, unha actividade que estará guiada e vixiada en todo momento por monitores da organización para a súa práctica en rocódromo; e croquet na sede compostelá, un xogo que consiste en golpear unhas bólas cun mazo e facelas pasar por uns arcos cravados no chan nun recorrido marcado por unha estaca central.

Ademais, permanece aberta a inscrición nos Campionatos Galegos Universitarios e nos Campionatos de España Universitarios de deportes individuais

The contents of this page were updated on 01.22.2026.