Skip to main content
STG

Xa se poden visitar os webs das candidatas a reitora da USC

Imaxe de arquivo do Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo do Colexio de San Xerome. FOTO: Santi Alvite
Están accesibles dende a páxina de ‘Participación e procesos electorais’. Esta acción enmárcase dentro da campaña electoral que botou a andar este martes 27 e que se estenderá ata o vindeiro 10 de febreiro.
Lugo, Santiago de Compostela

Os webs de cada unha das candidatas a reitora da USC xa están accesibles dende a páxina de ‘Participación e procesos electorais’. Esta acción enmárcase dentro da campaña electoral que botou a andar este martes 27 e que se estenderá ata o vindeiro 10 de febreiro. Ás eleccións, cuxa primeira volta se desenvolverá o 12 de febreiro, preséntanse as catedráticas de Estatística e Investigación Operativa, Rosa Crujeiras; de Óptica, Maite Flores; de Filoloxía Inglesa, María José López Couso; e de Dereito Administrativo, Alba Nogueira. Unha delas converterase na primeira reitora na historia da Universidade de Santiago de Compostela. 

No caso de ser precisa unha segunda volta, a campaña prolongaríase entre o 27 febreiro e o 9 de marzo e a votación efectuaríase o día 11 dese mes. Na convocatoria electoral detállase o calendario do proceso, no que ademais se elixirán representantes no claustro universitario e nas xuntas de centro e nos consellos de departamento.

The contents of this page were updated on 01.28.2026.