Skip to main content
STG

Aberta ata o 13 de febreiro a inscrición de balde na segunda edición do Campionato 3x3 USC-Obradoiro

Foto de grupo das persoas participantes no campionato do ano pasado
Foto de grupo das persoas participantes no campionato do ano pasado
Desenvolverase o día 23 no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela
Lugo, Santiago de Compostela

Despois do éxito do ano pasado, o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 23 de febreiro, a partir das 15.00 horas, a segunda edición do Campionato 3x3 USC-Obradoiro, para o que xa é posible inscribirse de balde a través dun formulario electrónico ata o día 13 de febreiro. Esta competición na que poden participar 32 equipos por categoría (masculina e feminina), diríxese ao conxunto da comunidade universitaria da USC. Os grupos teñen que ter entre tres e cinco integrantes. Este ano como novidade poderán participar xente de ambos os campus e o transporte será gratuíto dende o Campus de Lugo.

Para poder inscribirse, todas as persoas participantes deberán rexistrarse primeiro como persoa usuaria da Área Deportiva da USC. Quen exerza a capitanía responsabilizarase da tramitación en liña da inscrición do equipo e, dende a aplicación da USC, enviará unha invitación ao correo electrónico do resto de compoñentes que terán que inscribirse mediante a ligazón enviada. No caso de non ter equipo, é posible inscribirse na bolsa de persoas xogadoras. Ademais, unha vez rexistrados equipo e integrantes, poderase proceder á inscrición no Campionato de Triplas, a razón dunha única persoa por grupo.

The contents of this page were updated on 01.30.2026.