O Mestrado en enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable intégrase na Climate KIC Community
O Mestrado en Enerxías renovables, cambio climático e desenvolvemento sustentable (MERYCSE) da USC xa é membro da Climate KIC Community, a maior comunidade europea de coñecemento e innovación público-privada dedicada a acelerar a transición cara a unha sociedade con cero emisións de carbono apoiando cidades, rexións, países e industrias para reducir a fenda entre os compromisos climáticos e a realidade actual.
Desde Climate KIC Community apóianse iniciativas destinadas á adaptación ao cambio climático unindo empresas, universidades e sector público para fomentar o emprendemento, a formación e solucións sistémicas.
Climate-KIC foi creada polo Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT), organismo da Unión Europea encargado de impulsar un crecemento sostible en Europa e abordar os desafíos globais do noso tempo.
Ademais, esta comunidade conta cun amplo abano de programas de educación por toda Europa destinados a estudantes, estudantes de posgrao e profesionais, e apoia a innovación independentemente da súa procedencia, ben sexa de grandes corporacións, de institutos de investigación, de organismos públicos e de ata novas empresas e emprendedores autónomos.