Resultados do primeiro adianto de participación nas eleccións a reitora
Ás 12.00 horas, xa votaran o 57,6% do Sector I, o 35% do Sector II, o 10,7% do Sector III e o 49,6% do Sector IV
Lugo,
Santiago de Compostela
A comunidade universitaria elixe este xoves 12 a primeira reitora na historia da USC. Ás 12.00 horas, xa votaran o 57,6% do profesorado doutor con vinculación permanente ( Sector I), o 35% das restantes categorías do persoal Docente e Investigador (Sector II), o 10,7% do estudantado (Sector III) e o 49,6% do Persoal Técnico de Xestión de Administración e Servizos (Sector IV).
O segundo e último adianto será ás 16.00 horas e pode consultarse no web das eleccións.