Skip to main content
STG

Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia

Inspirador coloquio sobre experiencias, reflexións e traxectorias das mulleres na ciencia

Mesa do coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”.
Mesa do coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”.
Promovida pola Comisión de Igualdade da Facultade de Psicoloxía, en colaboración co IPsiUS, e ao abeiro da celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, o pasado mércores 11 de febreiro, organizou o coloquio “As mulleres na ciencia: existir, resistir e transformar”.

O coloquio estivo moderado por Andrea Correa-Chica, investigadora Posdoutoral da Xunta de Galicia, e na mesa participaron as investigadoras do IPsiUS: M. Teresa Carrillo (Catedrática de Universidade), Isabel Padrón (Técnica Superior de Apoio á Investigación) e Jenny Quinchiguango (Contratada Predoutoral), xunto coa profesora Cristina Gómez Román e a investigadora posdoutoral Ramón y Cajal, Laura López Romero, que nun diálogo inspirador compartiron experiencias, reflexións e traxectorias sobre o seu labor investigador.

The contents of this page were updated on 02.12.2026.