Skip to main content
STG

Como conservar o patrimonio a través da iluminación pública, a estudo nunhas xornadas abertas ao público

Como conservar o patrimonio a través da iluminación pública, a estudo nunhas xornadas abertas ao público
Como conservar o patrimonio a través da iluminación pública, a estudo nunhas xornadas abertas ao público
Terán lugar este mércores 20 na Facultade de Farmacia

Organizado polo Proxecto Light4Heritage ‘Extratexias baseadas na iluminación para o control da colonización biolóxica no patrimonio construído’, a Facultade de farmacia acolle este mércores 20 un encontro –con acceso libre ata completar aforo– no que se revisarán novas perspectivas para a conservación patrimonial a través da iluminación pública.

Caracterización das luces, montaxes e estudo do sistema de iluminación no proxecto Light4Heritage é o tema co que Justo Arines, do grupo Photonics da USC, iniciará a quenda de intervencións a partir das 9.30 horas, logo da presentación da xornada que realizará Patricia Sanmartín, investigadora principal do proxecto.

Deseguido, Rafael Carballeira, do Centro de Investigación Científicas Avanzadas da UDC, tratará o efecto da luz sobre os microorganismos aplicado ao proxecto Light4Heritage e Javier Cancelo-González, do grupo GEMAP-USC, falará sobre a aplicación de técnicas non invasivas para a monitoraxe de resultados do mesmo proxecto.

A partir das 11.45 horas, o asesor no Concello de Santiago Javier Vázquez presentará os proxectos actuais e oportunidades por medio de compra pública innovadora (CPI) no Concello compostelá en materia de alumeado público, mentres que o enxeñeiro de Ferrovial Servicios Álvaro Piñeiro tomará a palabra co relatorio ‘Propostas presentes e perspectivas de futuro na iluminación pública’. A xornada rematará coa celebración dun debate sobre as cuestións tratadas.

The contents of this page were updated on 12.19.2017.