Skip to main content
STG

Preto de 800 estudantes de 20 centros de Ensino Medio de toda Galicia visitan o Campus de Lugo nos Encontros na Zona USC

Os Encontros na Zona USC de Lugo desenvólvense os días 24 e 25
Os Encontros na Zona USC de Lugo desenvólvense os días 24 e 25
O estudantado preuniversitario coñece de primeira man a oferta docente e de servizos que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece no Campus Terra
Lugo

O Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC impulsa no Campus de Lugo unha nova edición dos Encontros na Zona USC, unha iniciativa que permite ao estudantado preuniversitario visitar a sede universitaria luguesa e coñecer de primeira man a oferta de titulacións e servizos que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece no seu Campus Terra. Na presente edición, que botou a andar este martes 24 e que se estendera ata o mércores 25, preto de 800 estudantes de 20 centros de Ensino Medio de toda Galicia percorrerán o campus lucense.

Os Encontros na Zona USC supoñen unha oportunidade única de contacto coa Universidade, visitando os centros para recibir información directa dos estudos que organizan. As persoas participantes poden elixir, de acordo cos seus intereses, entre un total de sete itinerarios diferentes. A través destes percorridos, visitan as aulas, laboratorios e outros espazos dos centros nos que se imparten as titulacións da súa preferencia. Ademais, xa en quenda de tarde, coñecen a Residencia Universitaria Bal y Gay. 
 

The contents of this page were updated on 02.24.2026.