Skip to main content
STG

Abordan en Dereito a ciberseguridade como oportunidade para reforzar a xestión pública e a democracia local

Inauguración da xornada
Inauguración da xornada
Na xornada presentouse o libro Las entidades locales frente al reto de la ciberseguridad
Santiago de Compostela

Os profesores de Dereito Constitucional da USC José Julio Fernández Rodríguez e de Dereito Administrativo e delegado de protección e datos da USC Marcos Almeida Cerreda dirixiron e coordinaron o volume Las entidades locales frente al reto de la ciberseguridad. Nel abórdase o desafío crecente que a ciberseguridade expón ás administracións locais, presentándoa non só como un risco senón como unha oportunidade para reforzar a xestión pública e a democracia local. 

O libro presentouno a Fundación Democracia y Gobierno Local, en colaboración co Observatorio Internacional de la Regulación de las Entidades del Sector Público (OIRESP), nunha xornada na Facultade de Dereito.

Coa participaron de diferente persoal experto, docentes e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, na xornada presentáronse varias experiencias reais en materia de ciberataques a administracións locais e profundouse, entre outros aspectos, na relevancia do Esquema Nacional de Seguridade e na necesidade de insistir nas medidas preventivas e na formación dos empregados públicos. 
 

Foto de grupo do persoal experto que participou na sesión
Foto de grupo do persoal experto que participou na sesión
The contents of this page were updated on 03.02.2026.