Skip to main content
STG

Filoloxía homenaxeou o profesor José Manuel González Herrán con motivo da súa xubilación

O profesor González Herrán, nun momento da súa intervención. Foto: Servimav-USC
O profesor González Herrán, nun momento da súa intervención. Foto: Servimav-USC

A Facultade de Filoloxía homenaxeou este venres 22 o catedrático de Literatura Española José Manuel González Herrán con motivo da súa xubilación. Foi no transcurso dunha sesión no Salón de Actos da Facultade presidida polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López.

No acto interviñeron a decana da Facultade de Filoloxía, M.ª Xosé López Couso; o director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Santiago Fernández Mosquera; o catedrático da University of Birmingham Anthony H. Clarke; a profesora da USC Cristina Patiño Eirín; e o propio homenaxeado, o profesor González Herrán.

O acto celebrouse no Salón de Actos do centro. Foto: Servimav-USC De esquerda a dereita: Cristina Patiño, Anthony H. Clarke, Roberto López, Santiago Fernández e Mª Xosé López. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 04.22.2016.