Filoloxía homenaxea o profesor José Manuel González Herrán con motivo da súa xubilación
A Facultade de Filoloxía homenaxeará este venres 22 o catedrático de Literatura Española José Manuel González Herrán con motivo da súa xubilación. Será no transcurso dunha sesións que comezará ás 12.30 horas no Salón de Actos da Facultade presidida polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López.
No acto intervirán a decana da Facultade de Filoloxía, M.ª Xosé López Couso; o director do Departamento de Literatura Española, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral, Santiago Fernández Mosquera; o catedrático da University of Birmingham Anthony H. Clarke,; a profesora da USC Cristina Patiño Eirín; e o homenaxeado, o profesor González Herrán.