Exaltación da cultura clásica este xoves en Filoloxía para conmemorar o día do libro
A Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC) organiza esta semana dous actos na Facultade de Filoloxía. O primeiro deles será este xoves 28 coa conmemoración do Dies Librorum. Consistirá nunha xornada, de 9.00 a 14.00 horas, de exaltación da cultura clásica con obradoiros de caligrafía, xogos tradicionais romanos e un recital.
Xa o venres 29 dará comezo o curso de formación en latín activo Latine doceamus, latine discamus, organizado conxuntamente co Departamento de Latín e Grego e o Grupo de Investigación Estudos Clásicos e Medievais. O curso desenvolverase ata o 14 de maio baixo a dirección da profesora Cecilia Criado Boado.