Skip to main content
STG

As xornadas de enfermaría ‘Intercambiando experiencias para crecer’ citan este xoves preto de 400 participantes no HULA

O vicerreitor Javier Bueno e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría de Lugo, Asunción Núñez, abrirán este foro monográfico cun acto inaugural ás 9.30 horas

A vixésima primeira edición das xornadas de enfermaría organizadas pola Escola Universitaria de Enfermaría do campus de Lugo desenvolveranse este mércores, a partir das 9.30 horas, no salón de actos do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) de Lugo baixo o lema ‘Intercambiando experiencias para crecer’.

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a directora da Escola de Enfermaría, María Asunción Núñez Magdalena; o director xerente do HULA, Ramón Ares; a directora de Procesos de Enfermaría EOXI Lugo, Cervo e Monforte, María Jesús Pérez Taboada, e a presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lurdes Bermello, intervirán como relatores no acto de apertura destas xornadas, nas que se prevé a asistencia de preto de 400 participantes. O médico especialista en coidados intensivos no Hospital Universitario de Torrejón en Madrid, Gabriel Heras de la Calle, será o encargado de abrir a quenda de intervencións nesta xornada coa presentación do proxecto de investigación internacional ‘HU-CI: Humanizando os Coidados Intensivos’. Esta iniciativa, pensada como motor de cambio de paradigma na atención, nace co obxectivo de motivar e implicar aos profesionais sanitarios sobre a necesidade de que se involucren en la Re-Humanización do seu ámbito. Ademais dos relatorios e táboas redondas programadas, no marco destas xornadas, que se prolongarán en quenda de mañá e tarde, tamén se procederá á presentación de comunicacións orais e pósters, con experiencias moi diversas relatadas por profesionais e estudantes.

The contents of this page were updated on 04.12.2016.