Skip to main content
STG

Relacións Laborais celebra unha xornada familiar para amosar a oferta académica e as instalacións da escola

A Escola Universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo da USC celebra este venres, a partir das 17.00 horas, no salón de graos do centro, unha xornada de encontro coas familias dos estudantes que están matriculados este curso nalgún dos títulos de grao ou posgrao que se imparten neste centro universitario.

A directora da escola de Relacións Laborais, Mercedes Montes, será a encargada de guiar esta sesión de portas abertas e encontro coas familias, un acto no que tamén intervirá o director do máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos de Humanos, Guillermo Álvarez. A presentación dos títulos de grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e do máster en Dirección de Recursos Humanos que completan a oferta académica do centro, así como dos recursos educativos dispoñibles, e unha visita polas instalacións da escola, completan o programa desta xornada de portas abertas.

The contents of this page were updated on 02.26.2016.