Skip to main content
STG

Segunda Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos

Organizada polo Departamento de Latín e Grego da USC e pola sección galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos (SEEC), este xoves 7 de abril terá lugar na Facultade de Filoloxía a Segunda Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos.

Nesta ocasión no certame están inscritos 41 alumnos e alumnas de bacharelato procedentes de centros de toda Galicia para a proba de lingua grega, que comezará ás 16.00, e 97 para a de lingua latina, ás 18.00 horas.

A entrega de premios –tres por cada modalidade e diploma acreditativo para todos os participantes– terá lugar tamén na Facultade de Filoloxía o próximo 3 de maio, nun acto solemne que irá acompañado de diversos obradoiros e doutras actividades relacionadas co mundo clásico.

The contents of this page were updated on 04.06.2016.