O xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo guía este mércores unha xornada informativa en Relacións Laborais
O xefe de Inspección de Traballo e Seguridade Social de Lugo, Nicolás González Raposo, guiará este mércores, a partir das 17.00 horas, unha xornada informativa sobre actualidade laboral na escola universitaria de Relacións Laborais do campus de Lugo.
Este foro de actualidade laboral, organizado pola mutua Egarsat en colaboración coa Fundación Campus Universitario de Lugo, permitirá analizar algunhas das novidades lexislativas incorporadas pola Lei de Presupostos do Estado de 2016, así como outras modificacións e disposicións producidas ao longo do pasado exercicio.