Skip to main content
STG

A rede UNAD reúnese na USC para falar de modelos de intervención en problemas de adiccións

O delegado do Plan Nacional sobre Drogas, Francisco Babín, e o presidente da rede UNAD –a maior ONG de Europa dedicada á atención das persoas con problemas de adiccións–, Luciano Poyato, inauguran este mércores 30 ás 9.15 horas no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía unha xornada dedicada a informar dos modelos de intervención máis eficaces.

Trátase de crear un espazo de reflexión no que entidades sociais de Galicia, profesionais, estudantes y persoas voluntarias coñezan as propostas de actuación máis novidosas e que permiten atender con maior eficacia as diferentes problemáticas de adiccións.

O encontro busca tamén dar resposta ás demandas de formación que existen na rede de entidades de Galicia e compartir as súas experiencias en relación a tres grandes temas: Ocio, tempo libre e substancias; Patoloxía Dual nas adiccións; e Muller e adiccións.

UNAD
UNAD está integrada por máis de 260 entidades repartidas por todo o Estado e desenvolve anualmente máis de 2.000 programas, dos que se benefician arredor de 1.200.000 persoas.

The contents of this page were updated on 03.29.2016.