Dous minutos de matemáticas en galego

Curtametraxes de dous minutos de duración máxima nas que se explique en galego un concepto matemático. Ese é o reto do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, que chegou xa á súa quinta edición dirixido ao alumnado universitario e de últimos cursos de ESO e bacharelato de toda Galicia. Os proxectos deberán remitirse ata o 22 de abril de 2016.
O certame organízao a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas en colaboración coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC co obxecto de promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas.