Concurso de microrrelatos a través de Facebook
A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Humanidades convoca o I Concurso de microrrelatos en galego a través de Facebook dirixido a todo o alumnado da USC.
Os microrrelatos, que terán como tema o feito de contar e ter unha extensión máxima de 100 palabras, presentaranse no perfil de Facebook da Facultade de Humanidades do 1 de marzo ao 1 de abril de 2016 xunto co cancelo #MicrorrelatosHumanidades2016. Un xurado decidirá o premio de 200 euros e o público outro de 100.