Skip to main content
STG

Tres profesores xaponeses participan este xoves en Humanidades nun ciclo de relatorios do programa de intercambio Vía Láctea

Anderson e Watarai, na Facultade de Humanidades
Anderson e Watarai, na Facultade de Humanidades

Tres profesores xaponeses pertencentes ás universidades de kanazawa e Aichi Prefectural participan este xoves na Facultade de Humanidades no segundo ciclo de relatorios organizado ao abeiro do programa Vía Láctea, un proxecto de mobilidade e intercambio cultural entre universidades europeas e de Asia.

O vicedecano Facultade de Humanidades, Gonzalo Fernández, e a tamén profesora da USC e coordinadora do programa Vía Láctea no centro universitario lugués, JoDee Anderson, actuaron como anfitrións dos especialistas xaponeses convidados a participar neste ciclo de relatorios. A profesora nipona da Aichi Prefectural University Tamaki Watarai, especialista en estudos brasileiros e en estudos sobre etnias e raza, abriu a quenda de intervencións cunha exposición sobre mediación e intercambio cultural entre Brasil e Xapón. Ao remate da súa intervención, Lidia Sala, que ensina español como lingua estranxeira na universidade Aichi Prefectual, ofreceu unha relatorio sobre a indumentaria dos peregrinos. O profesor de francés na Facultade de Letras do Instituto de Ciencias Humanas e Sociais da Universidade de kanazawa, Yuichi Kasuya, pechou o ciclo de relatorios no salón de graos da Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC cunha intervención que se desenvolveu baixo o título ‘As linguas romances na educación en Xapón’. Estudantes e docentes participantes no ciclo de relatorios do programa Vía Láctea

The contents of this page were updated on 03.10.2016.