Farmacia constituíu o seu Comité Consultivo

A Facultade de Farmacia constituíu este martes 15 o seu Comité Consultivo, de acordo co Sistema de Garantía Interna de Calidade do centro, constituído por persoas ou entidades relevantes externas á facultade. O seu cometido será aconsellar o equipo de dirección, así como servir de foro para contrastar opinións e información sobre as actividades profesionais, de negocio ou de interese social que afecten ou estean relacionadas coa actividade formativa da Facultade e faciliten o seu desenvolvemento futuro e a súa proxección social.
Nesta sesión constitutiva participaron por parte da Facultade, a súa decana, Isabel Sández Macho; Benigno Carril Pérez, en representación do Consello Social; o vicedecano do centro, José Ángel Fontenla Gil; a coordinadora do grao de Farmacia, Paz García Martínez; a coordinadora do máster de I+D de Medicamentos, Reyes Laguna Francia; a xestora académica do centro, María Rosende Queijo; e Elia Álvarez Coiradas, en representación do alumnado.
De fóra da comunidade universitaria, compoñen o Comité Mª José Álvarez Sánchez, en representación da subdirección xeral de Farmacia da Consellaría de Sanidade; a xefa do Servizo de Farmacia do CHUS, Mª Jesús Lamas Díaz; o presidente da Academia de Farmacia de Galicia, Manuel Puga Pereira; os presidentes dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Héctor Castro, Alejandro Mª Sánchez; Vicente Álvarez e Alba Soutelo, respectivamente. Tamén participaron Miguel Á. Reviejo, en representación de COFAGA, Manuel Muradás, representando a COFANO, Ana Rodríguez Sampedro, de SEFAC, Carmen López Rodríguez de FEGEREC e César Balseiro de BIOFABRI.
Isabel Sández, no centro, acompañada por Paz García e Benigno Carril