Skip to main content
STG

A Facultade de Ciencias acolle este mes unhas xornadas sobre innovación en nutrición, seguridade e tecnoloxía alimentarias

Programa das xornadas
Programa das xornadas
As sesión incluídas no ciclo impulsado desde o Mestrado en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias desenvolveranse do 24 ao 29 de abril

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC acollerá este mes a celebración da terceira edición das Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias, un ciclo de relatorios promovido desde o Mestrado en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias que se desenvolverá do 24 ao 29 de abril e cuxas sesión poderán seguirse tanto na aula 2 do centro universitario lugués como na sala de xuntas da Facultade de Farmacia.

As doutora Sarah Pastorelli, Manager Products Compliance en Philip Morris International, será encargada de abrir este palestra de relatorios cunha intervención programada para o 24 de abril, a partir das 12.00 horas, e na que tratará algúns dos aspectos xerais da seguridade alimentaria. O director xeral de El Hórreo Healthy Food S. L., Joaquín Monte Fernández, afondará ao día seguinte no marco deste foro outras cuestións ligadas á seguridade alimentaria dentro das pequenas empresas.

As III Xornadas de Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxías Alimentarias continuarán o 29 de abril, a partir das 16.00 horas, cun relatorio a cargo do dooutor Rafel Paseiro Cerrato, quen abordará na súa intervención a aplicación de técnicas analíticas avanzadas para a caracterización de substancias químicas.

A responsable técnica de Contaminantes do Centro Nacional de Alimentación da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, Juana Bustos García de Castro, pechará o luns 29, a partir das 17.30 horas, a terceira edición destas xornadas monográficas cunha exposición sobre os riscos químicos dos materiais en contacto cos alimentos. A participación nestas xornadas é libre e de balde para todas as persoas interesadas na temática.

The contents of this page were updated on 04.01.2019.