Farmacia conmemorou a festividade da súa patroa, a Inmaculada Concepción

Farmacia conmemorou esta fin de semana a festividade da súa patroa, a Inmaculada Concepción, cun acto académico que presidiu o reitor Juan Viañono Salón de Graos do centro. Na mesa presidencial participaron tamén a decana Isabel Sández Macho; a subdirectora xeral de Farmacia da Xunta de Galicia, Carolina González-Criado Mateo; a vicedecana de Organización e Coordinación Docente de Alumnado, Paz García Martínez; e o profesor xubilado do centro, Eduardo Iribarnegaray Jado.
O programa da xornada principiou coa entrega da medalla conmemorativo do centro a Carmen Remuñán López, en recoñecemento aos seus 25 anos de servizos na Facultade e continuou coa imposición da Insignia de Ouro do centro ao persoal docente e de administración e servizos xubilado durante o pasado curso, entre os que se atopan María Teresa Criado Álvarez, Eduardo Iribarnegaray, Manuel Veiga Aneiros, Carmen Lareo García, J. Ramón Seijas Carril. Deseguido, o profesor Iribarnegaray pronunciou unha conferencia sobre ‘Defectos da visión’.
Na mesma sesión entregóuselle un diploma conmemorativo ao alumnado doutorado durante o pasado curso: Eva García Millán, Iria Otero Romero, Laura León Rodríguez, María Elena López González, María Isabel Rial Hermida, María Isabel Campaña Seoane, Raquel Abellán Pose, Santiago Torres Labandeira e Sonia Lage Abad. O acto continuou coa entrega de premios do III Concurso de Ideas para Portada de Traballos de Fin de Grao da Facultade de Farmacia da USC patrocinados por farmaFIR, cuxo primeiro premio foi para Yaiza Bugallo Codeseira e o accésit para Rubén Iglesias Gómez.