Skip to main content
STG

Pesar polo falecemento de Mª Carmen da Torre Regueiro

A Universidade de Santiago manifesta o seu pesar polo recente falecemento de Mª Carmen da Torre Regueiro, integrante do seu cadro de Persoal de Administración e Servizos durante preto de catro décadas, e súmase á dor da súa familia e amizades. O seus restos foron trasladados ao Tanatorio de Boisca.

Destinada inicialmente á Facultade de Filoloxía, desenvolveu toda a súa carreira profesional vinculada coa área de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, onde asumiu responsabilidades de administración e xestión económica primeiro no Centro de Cálculo e posteriormente nos Servizos Informáticos, nas Aulas de Informática e, finalmente, na Área TIC. Quen a coñecía destacouna como unha persoa “humanamente entrañable e moi competente dende o punto de vista profesional”. Igualmente sobresaía como nexo de unión entre todas as persoas que foron conformando a área TIC, “ facéndonos sentir que formamos unha familia”.

The contents of this page were updated on 04.08.2019.