Skip to main content
STG

Díaz Gesto amosa a súas ‘Olladas de Lugo’ en Humanidades

González Rey, Silva Domínguez, Díaz Gesto e Fernández, na apertura da exposición en Humanidades
González Rey, Silva Domínguez, Díaz Gesto e Fernández, na apertura da exposición en Humanidades
A mostra pictórica permanecerá aberta ao público ata o 20 de maio en quenda de mañá, de 11.00 a 14.00 horas

O artista lugués Julio Díaz Gesto amosa ata o vindeiro 20 de maio na Facultade de Humanidades do campus de Lugo a mostra ‘Olladas de Lugo’, un elenco de obras pictóricas na que recompila diversas facetas da vida da cidade nas que se mesturan lugares, celebracións e personaxes.

A recreación de diversas paisaxes da urbe amurallada en diferentes estacións do ano e en diversos momentos do día constitúen un dos elementos destacables desta mostra de Díaz Gesto, quen tamén retrata nas súas creación personaxes e os recordos de acontecementos relacionados co calendario festivo.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, e a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, e Gonzalo Fernández, tamén profesor da USC e principal responsable de que Díaz Gesto amose a súa obra en Humanidades, arrouparon a Díaz Gesto na sesión de apertura da exposición da súa obra. A mostra ‘Olladas de Lugo’, que permanecerá aberta ata o vindeiro 20 de maio no salón de graos da Facultade de Humanidades de Lugo, estará aberta ao público en quenda de mañá, de 11.00 a 14.00 horas.

The contents of this page were updated on 04.30.2015.