Skip to main content
STG

Filoloxía entrega este martes os premios do seu I Concurso Literario Mazarelos

A Facultade de filoloxía entregará este martes, 1 de decembro, os premios do I Concurso Literario Mazarelos que convocou a comisión de normalización lingüística do centro. O acto, aberto a todo o alumnado da USC, terá lugar ás 18.00 horas no Salón de Graos.

Nesta primeira edición fíxose co primeiro premio o alumno Miguel Cavadas Docampo polo relato ‘ Os dous de cando en vez’ e co segundo Paula Antía Rey Baliña polo poema ‘Ántrax’. O terceiro premio recaeu no poema ‘O letargo da lavanda’ da estudante Laura Camino Plaza.

Fomentar a creatividade da mocidade universitaria e desenvolver a súa capacidade de expresión en lingua galega, así como contribuír a descubrir potenciais figuras para a literatura galega son os obxectivos deste certame ao que na súa primeira convocatoria se presentaron 20 traballos.

The contents of this page were updated on 11.30.2015.