Skip to main content
STG

O III Ciclo de Cinema Negro Francés comeza en Humanidades coa proxección do filme ‘Ascensor para o cadafalso’

A terceira edición do Ciclo de Cinema Negro Francés, organizada pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas da USC no campus de Lugo, comeza este martes na Facultade de Humanidades coa proxección do filme ‘Ascensor para o cadafalso’, unha produción de 1957 realizada por Louis Malle.

‘Detención preventiva’, de Claude Miller, e ‘Que chegue o domingo’, de François Truffaut, dous filmes que se proxectarán os días 15 e 22 de decembro, respectivamente, completan a relación de obras incluídas nesta edición do ciclo de cinema negro francés, na que se ofrece ao espectador un percorrido cinematográfico por tres clásicos do xénero policial. O ciclo está aberto á participación de todas as persoas interesadas. Os tres filmes seleccionados nesta edición proxectaranse a partir das 19.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades, en versión orixinal e con subtítulos en castelán.

The contents of this page were updated on 11.30.2015.