Skip to main content
STG

Alumnado universitario chinés realizará un intercambio cultural na Facultade de Filoloxía con familias de nenos chineses de Santiago

A Facultade de Filoloxía acollerá este xoves 1 de outubro unha xornada de intercambio entre alumnado chinés na USC e a asociación de familias de nenos e nenas chineses en Santiago. No Salón de Actos da facultade compostelá, entre as 19.30 e as 21.00 horas, reuniranse máis de medio centenar de alumnado universitario estranxeiro e familias.

Con esta iniciativa procúrase a integración cultural do alumnado desprazado procedente de China e o intercambio dos idiomas chino e español cos rapaces e rapazas adoptados por familias composteláns, así como da cultura china e a galega. O encontro servirá para repasar actividades desenvolvidas pola asociación de familias nos últimos dous anos e adiantar as previstas para este curso.

The contents of this page were updated on 09.30.2015.