Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

A asociación de estudantes Scienceffect celebra este luns a súa asemblea constituínte

A asociación de estudantes Scienceffect celebrará este luns 2 a súa asemblea xeral constituínte a partir das 20.00 horas na Aula 1 da Facultade de Bioloxía. Scienceffect reúne a un grupo de estudantes da USC interesados na divulgación científica e a elaboración de actividades investigadoras durante o período que duran os estudos de grao. Na actualidade xa integran a asociación mozos e mozas cuxas actividades investigadoras xa foron recoñecidas a nivel nacional e internacional.

The contents of this page were updated on 02.02.2015.