Skip to main content
STG

Presentación en Santiago da nova edición do proxecto Talento 3.0

Presentación en Santiago da nova edición do proxecto Talento 3.0
Presentación en Santiago da nova edición do proxecto Talento 3.0

Un acto este mércores 3 no Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da USC porá o broche a unha serie de presentacións do Proxecto Talento 3.0 por toda Galicia. Na xornada prevista na USC intervirán o catedrático Jorge Mira e a xornalista e escritora María Solar para falar sobre o talento dende as súas propias experiencias vitais. Xunto a eles, o director xeral da Fundación Barrié, Javier López explicará a esencia e a programación deste ano para Talento 3.0, mentres que a directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC, Carmen Pomar, impartirá unha breve conferencia titulada ‘Sobre o talento: Kepler e as rotondas’. A Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades e a Fundación Barrié desenvolverán por segundo ano consecutivo este proxecto que ten como obxectivo principal a formación do profesorado para unha mellor detección do talento nas aulas de educación infantil, primaria e secundaria. A fase formativa de Talento 3.0 celebrarase entre os días 22 e 25 de xuño en Santiago avalado pola Consellaría de Educación.

The contents of this page were updated on 06.02.2015.