Skip to main content
STG

Acto de graduación das novas promocións de Ciencias da Cultura e Lingua e Literatura Españolas en Humanidades

A Facultade de Humanidades do campus de Lugo da USC celebrará este venres 5 de xuño, a partir das 19.00 horas, no salón de actos do centro, o acto de graduación das últimas promocións de estudantes que completaron os estudos de grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural e Lingua e Literatura Españolas no devandito centro lugués.

A vicerreitora de Servizos Universitarios do campus de Lugo, Carme Silva, será a encargada de presidir esta cerimonia académica, na que tamén intervirán como relatores o alcalde en funcións do Concello de Lugo, José López Orozco, e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo.

The contents of this page were updated on 06.04.2015.