Skip to main content

This portal uses its own or third-party cookies for analytical purposes, as well as links to third-party portals in order to share content on social networks. You can get more information in the cookies policy.

STG

O catedrático de literatura española da USC Luís Iglesias Feijoo imparte este venres a súa lección final

O profesor Luís Iglesias Feijoo, catedrático do Departamento de Literatura Española da USC, pronunciará o venres 8 a súa última lección como docente en activo na institución, á que estivo vinculado desde que en 1961 iniciou os seus estudos de Filoloxía Románica. No acto, a desenvolver ás 10:00 horas no salón de actos da Facultade de Filoloxía, intervirán ademais o director da Real Academia Española e catedrático da USC, Darío Villanueva; o profesor da Universidade Autónoma de Barcelona e membro da Real Academia Española, Francisco Rico, que impartirá unha conferencia sobre El Buscón de Francisco de Quevedo; e o profesor da USC Santiago Fernández Mosquera, encargado de presentar o libro Diferentes y Escogidas. Homenaje al profesor Luis Iglesias Feijoo publicado en 2014.

The contents of this page were updated on 05.06.2015.